
O vindeiro venres, 31 de outubro, os negocios de Foz vivirán Unha hora encantada co truco ou trato. Será entre as seis e as sete da tarde.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “desde a asociación abrimos a porta ao misterio e á ledicia. Durante unha hora encantada, entre as seis e as sete da tarde, os doces agardan entre meigallos, sorrisos e algún susto simpático. Queremos que a rapazada de Foz e da súa contorna se achegue a xogar con nós. Hai cincuenta negocios agardando por eles. Hai truco ou trato?”.
Os locais participantes son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Alba Vila Dietética e Nutrición, Ártico, Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cenor Belianorte, Chinela, Chuvia, Dandy, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Dermoterapia, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estanco N2, Farmacia Fátima Maañón Lage, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Kiosko A Rapadoira, Koquetas Moda, Kukadas, La Flor Abulense, Las Delicias de Belkis, Librería Bahía, Longarela, Los Dulces de Delphine, Lourdes Moda Íntima, Marexada, Mi Casa, Occident, Pastelería Anduriña, Pirde Calzado, Pirde Moda, Suministros Veipa, Surya, Thecé, Triple A, Unique, Vas’s, Vas’s Outlet, Waffles do Mar, Xoguetería Bahía e Xoyma.
Paleo engade: “queremos celebrar Halloween dun xeito especial, tradicional e divertido co noso truco ou trato, que agardamos sirva para concienciar ás nenas, aos nenos e tamén aos adultos da importancia que ten consumir nos negocios do noso pobo”.
Na presentación da campaña Unha hora encantada participaron o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, os comunicadores e presentadores Carlota Corredera, David Insua e Isidoro Valerio, e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.
Esta acción, organizada por Acia Foz-CCA, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.


