O 8 de decembro terá lugar en Xove o I Maratón de Tute "Onde Sempre-Xove FS", no que agardan a participación de 128 parellas.

A S.D. Xove F.S. xunto coa Cervecería-Pizzería Onde Sempre de Xove están a organizar a I MARATÓN DE TUTE “ONDE SEMPRE XOVE FS”, cita que se vai a desenvolver o vindeiro 8 de decembro a partires das 11:00 horas no pavillón municipal de deportes de Xove.

A inscrición  vai  a costar 80 € por parella; a mesma xa está aberta e pódese facer no seguinte contacto: CARLOS (CARRETE): 605 791 777 O límite para inscribirse é o mércores 6 de decembro (incluído). A inscrición inclúe a comida para tódolos/as  participantes, que se vai realizar ás 14:30 horas no propio Pavillón.

A previsión é  que haxa 128 parellas; no caso de que a organización non consiga esas 128 parellas, o premio verase reducido proporcionalmente.
Ademáis dos importantes premios previstos para Maratón, a organización vai a realizar sorteos especiais durante o evento entre tódolos/as participantes.

Pretendemos facer deste un gran evento. Pensamos que os grandes aficionados ao tute que hai na Mariña e outras comarcas do entorno teñen unha boa ocasión para disfrutar da súa afición. Por isto, queremos aproveitar para invitar a tódolos/as aficionados/as ao tute a participar neste evento.  Tamén queremos darlle as grazas ao Concello de Xove pola súa colaboración así como as empresas Establecimientos Rey e Centro Óptico de Xove.