O CCH Viveiro culmina campaña este sábado, 10 de outubro, con actividades, animación e o sorteo dunha viaxe a Nova York e 2.000 euros en vales de compra

A campaña Viveiro conta e o seu comercio tamén iniciouse o 28 de setembro  e rematará este sábado, día 10 de outubro, cun sorteo final e con miles de premios repartidos ó longo deste días. Nesta xornada final haberá actividades, animación e o sorteo dunha viaxe a Nova York e de 2.000 euros en vales de compra.

A campaña, coa que o CCHV acadou o Premio Extraordinario do Comercio Galego 2026, “está a contar cunha ampla participación da cidadanía e dos establecementos asociados. Puxéronse en circulación 50.000 Rasca e Gaña con numerosos premios directos que os clientes están a descubrir nas súas compras. O prazo para canxear os premios permanecerá aberto ata o 31 de outubro. Entre os premios hai xoias, complementos, tratamentos de beleza, paraugas, mandís, bolsas da compra, botellas, neveiras isotérmicas, cañas, cafés, tapas, pizzas, burguers, almorzos e moitos mais agasallos. Ademais, a campaña agocha  5 Rascas Dourados de 100€ cada un! Dos que xa apareceron dous. Tamén se están a repartir as rifas para o sorteo dunha viaxe a nova York e de 2.000 euros en vales de compra, repartidos nun premio de 1.000 euros e dous de 500 euros. As rifas entréganse na carpa do CCHV instalada na Praza Maior, tódolos días en horario de 11 a 13:30 e de 17 a 19:30  horas.  Por cada 5 euros en tickets de compra de negocios asociados, os clientes reciben unha rifa para participar no sorteo final. Eses mesmos tickets tamén dan a posibilidade de xogar na Ruleta o sábado de 11 a 14 horas na Praza de Abastos, dentro das actividades dos Sábados de Vermuteo, que volven a converterse nun dos puntos centrais da celebración”.