Baixo o lema “Namórate do comercio local” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir do 10 de Febreiro a campaña de San Valentín 2023.
Explican que “realizaremos un sorteo moi divertido nesta campaña, xa que os premios a gañar son 3 Kits de “Como sobrevivir a San Valentín si esqueciches mercar un agasallo. O xeito de conseguir un destes 3 Kits será moi sinxelo. Colocamos un Photocall de corazóns xunto cun banco de madeira que indica “Bícame aquí”, para que a xente se sente e saque fotos divertidas e amorosas. O lugar onde está ubicado o photocall é a Praza Maior de Viveiro. Despois terán que subir as fotos xunto cun ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV á web https://viveirocentro.com/sorteo-san[1]valentin/ ou escaneando o código QR que está no propio Photocall”.
Desde o CCH indican que “entre tódalas fotos e tickets recibidos (unha vez comprobado que pertencen a negocios asociados) sortearanse eses 3 divertidos premios. O número asignado para o sorteo será o de orde de entrada no enlace da web e o sorteo realizarase a través dunha aplicación de sorteos de números aleatorios. Os gañadores daranse a coñecer o xoves 16 de febreiro e o contido dos Kits será sorpresa ata o momento da entrega ós gañadores. A campaña comeza o 10 de Febreiro e remata o 15 de Febreiro. Todo o recibido a partir desa data non se contabilizará para o sorteo”.
E engaden que “a finalidade deste concurso é a promoción da campaña de San Valentín de Viveiro, potenciar a compra no comercio local, facer unha actividade divertida e de paso botar unha man a todos aqueles despistados/as que se lles pase o detalliño destas datas. Ó longo deste dias ambientaremos as rúas con música romántica a través do fío musical instalado por todo o centro de Viveiro. Animamos á xente a participar no sorteo, mercar en Viveiro, sacar unha foto divertida no photocall, pasear polas rúas desfrutando do seu ambiente, do bo tempo e da nosa hostalaría. Porque en Viveiro, como dí o lema da campaña “Namorámonos do comercio local”, un comercio profesional e cun trato persoal, e sobre todo un comercio que da vida á nosa vila.Con esta iniciativa intentamos dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha iniciativas e premios novidosos e distintos ós realizados con anterioridade , e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Viveiro”.