O Centro Social de Vilachá (Xove) acollerá o 14 de agosto o Torneo de Verán de Bolos

O Centro Social de Vilachá (Xove) será o escenario do Torneo de Verán de Bolos 2025, que se celebrará este xoves, 14 de agosto, a partir das 18:00 horas.

A competición está aberta a todas as idades e poderán participar tanto federados como non federados, fomentando así a participación de veciños e visitantes.

O evento conta coa organización e apoio do Concello de Xove, o Club de Bolos Xove e a Asociación de Festexos A Medorra, entre outros. 

Este torneo ofrece unha tarde de deporte e diversión para manter vivo un xogo tan popular coma os bolos.