O Complexo RegalXunqueira, de Viveiro, acolle unha exposición da escultora Pepa Nieto do 2 ao 31 de agosto.

A sala de exposicións do complexo RegalXunqueira en Viveiro acolle, dende este xoves, 2 de agosto, a mostra titulada Forza, Espazo, Tempo, de Pepa Nieto. A inauguración terá lugar ás 20:00 horas, e a exposición permanecerá no RegalXunqueira ata o 31 de agosto.

A propia artista manifesta que “moldear la arcilla es dar vida a la materia. Mis esculturas se basan generalmente en formas de expresividad que se hacen patentes en el reconocimiento de mi obra. Formas que están relacionadas con las técnicas tradicionales, aunque en su mayoría prevalece intencionadamente ese corte moderno y de actualidad, por el que siento verdadera pasión”.

Pepa Nieto naceu en Outes (Coruña) e reside en Madrid. Entre outras distincións, obras súas foron seleccionadas no Concurso Anual de Artes Plásticas 2000 na modalidade de Cerámica do Concello de Majadahonda (Madrid), e no XXI Certame Nacional de Cerámica 1996 Obra Cultural Caja Madrid.