Xunqueira

Etiquetas:
19/07/2025

O Complexo Cultural Regal Xunqueira, de Viveiro, acolle unha exposición de pinturas de María José Redondo Goicoechea. A mostra, titulada Tierras de Castilla, poderá visitarse ata o día 30 de setembro.

María José Redondo Goicoechea naceu en San Sebastián en 1935 e desde os 11 anos de idade residiu en Madrid, onde faleceu en 2022. Foi discípula de Manuel Gutiérrez Navas; estudou Belas Artes na Escuela Superior de San Fernando, de Madrid; licenciada por la Universidad Complutense de Madrid; diplomada por L'école du Louvre, de París; e foi profesora de Teoría de la Restauración na Facultad de Bellas Artes da Universidad Complutense de Madrid.

As súas obras formaron parte de numerosas exposicións en diversos lugares de España e recibiu varios premios.

Etiquetas:
30/06/2025

A comisión Viveiro en festas organiza un Vermuteo (vermú máis tardeo) no hórreo de Xunqueira o día 12 de xullo, sábado, desde ás 13:00 horas ata o solpor.

“Organizamos o sábado 12 de xullo un Vermuteo (vermú + tardeo) para recadar fondos de cara ás festas de San Roque. A partir das 13:00 horas haberá sesión vermú, churrascada popular ao mediodía e música ata o solpor, con sorteos, sorpresas e moi bo ambiente”, anuncia Viveiro en festas, que engade: “moitas grazas á Escola de Rugby Astérix, de Viveiro, por cedernos o espazo para facer posible este evento”.

Etiquetas:
28/08/2024

A parroquia de Xunqueira (Viveiro) celebrará as Festas na honra a Nosa Señora de Valdeflores no mes de setembro.

As celebracións comezarán o venres 6 de setembro cunha misa solemne ás 19.30 horas, seguida dunha gran verbena amenizada pola Disco Móbil Conxuro.

O sábado 7 de setembro a xornada comezará coa sesión vermú a cargo de Vivarium. Ás 19.30 horas haberá outra misa solemne, e a continuación, Vivarium animará a verbena, seguida do grupo Maracaibo.

O domingo 8 de setembro será un día especialmente festivo, coa misa solemne e a procesión ás 11.45 horas acompañadas pola Banda Naval e a Banda Misericordia. A festa continuará cunha longa sesión vermú animada polo Dúo Cerbatana. Ademais, a partir das 13.00 horas repartiranse callos ao prezo de 7 euros por ración.

Etiquetas:
03/09/2023

As festas de Xunqueira (Viveiro), na honra da Nosa Señora de Valdeflores, celebraranse na fin de semana do venres día 8 ao domingo 10 de setembro. Foron presentadas pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o segundo tenente de alcaldesa, Jesús Fernández Fernández; e Jacobo Otero, membro da comisión de festas. 

O venres 8 haberá verbena coas actuacións de Verónica Cambon e Disco Móbil Conxuto. O sábado 9 celebrarase misa solemne ás 12:00 horas e continuación terá lugar a procesión coa Banda Naval e sesión vermú co grupo Zona Zero. A partir das 17:00 horas haberá toro mecánico e festa da espuma. Rematará a xornada coa verbena amenizada polo Trío Zafiro e o grupo Zona Zero. E o domingo 10 a partir das 13:30 celebrarase a Festa dos Calles e sesión vermú co dúo Estrellas.
 

Etiquetas:
01/09/2022

A celebración será na segunda fin de semana de setembro 

O Concello de Viveiro, xunto a Comisión de Festas, presentou o programa das festas de Xunqueira, na honra de Nosa Señora de Valdeflores. 

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández, acompañaron ao único integrante da comisión de festas na presentación, Jacobo Otero Regal. Dende o Concello de Viveiro agradecen a Jacobo o seu esforzo, xa que decidiu asumir a organización das festas malia ser a única persoa presente na comisión. 

As festas celebraranse os días 9, 10 e 11 de setembro, incluíndo verbena, sesión vermú, festa dos callos, así como festa da espuma e toro mecánico, entre outras actividades.