
Xunqueira, en Viveiro, prepárase para vivir un dos momentos máis agardados do ano: as Festas na honra á Nosa Señora de Valdeflores, que se celebrarán os días 5, 6 e 7 de setembro de cun amplo programa de actividades relixiosas, gastronómicas e musicais.
O venres, 5 de setembro, a festa arrincará a partir das 22:00 horas cunha gran verbena a cargo do Dúo Estrellas e DJ Juanjo. Ademais, durante a noite poderán degustarse racións populares: empanada a 2 € e tortilla a 3 €.
O sábado, 6 de setembro, a xornada comezará ás 14:00 horas coa sesión vermú animada polo Trío Mar de Vila e o Dúo Gaia Gaia. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, os mesmos grupos volverán ao escenario para ofrecer unha nova gran verbena que promete ambientar a velada festiva.
O domingo, 7 de setembro, celebrarase o día grande. Ás 11:45 horas terá lugar a misa solemne en honor á Virxe de Valdeflores, seguida da tradicional procesión acompañada pola Banda Naval. Ás 14:00 horas está programada a sesión vermú co grupo Cerbatana, e como colofón gastronómico poderán degustarse racións de callos a 8 €.
As festas desenvolveranse nun ambiente familiar e festivo, cun cartel musical variado e propostas populares que farán gozar a veciños e visitantes.