
O Concello de Barreiros, a través da súa Biblioteca Pública, pon en marcha para este Nadal os certames de debuxo e poesía infantil.
O de debuxo é “para a xente máis miúda (de 3 a 5 anos), unha única categoría e os debuxos faranse en cartolina A-4”.
E o de poesía é “para a cativada ata os 16 anos con 3 categorías: ata 8 anos; de 9 a 11; e de 12 a 16 anos. Os poemas deberán ser en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia”.
O Concello de Barreiros explica que “os traballos pódense presentar nos colexios de Barreiros ou entregalos na Biblioteca Pública Municipal ata o día 18 de decembro. Cada artista pode presentar tantos traballos como desexe. Aquí os enlaces para ollar as bases ao completo que tamén están a vosa disposición na biblioteca: Debuxo, https://bit.ly/bases_certa_debuxo_nadal_2025; e Poesía, https://bit.ly/bases_certame_poesia_nadal_2025. Moito ánimo e a deixar voar a imaxinación que en nada estamos mergullados no Nadal”.


