O Concello de Cervo programa para este venres, 30 de outubro, unha charla sobre as enfermidades neurodexenerativas

O Concello de Cervo anuncia que “volven os encontros de Arruguiñas Charlando. O vindeiro venres, 30 de outubro, ás 18:00 horas celebramos a primeira charla da nova tempada do Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal. Nesta ocasión, abordaremos un tema de grande interese: Diagnóstico e manexo das enfermidades neurodexenerativas. A sesión estará impartida por Diego Santos García, neurólogo e presidente da Fundación Degén, quen afondará no coñecemento destas enfermidades, no seu diagnóstico e nas claves para afrontar o seu manexo”. Será no Local Social da Asociación Terramar (Casa do Mar).

“Unha actividade aberta á poboación en xeral, pensada para compartir coñecementos, resolver dúbidas e seguir apostando pola información e o benestar das persoas”, explica o Concello de Cervo, que engade: “esta actividade conta coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén”.