O Concello de Cervo programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día da Muller

O Concello de Cervo programa un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

O prazo para anotarse estará aberto os días 26 e 27 de xaneiro, luns e martes, e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”, anuncia o Concello de Cervo.

As competicións comezarán o mércores 28 de xaneiro na cafetería da Casa do Mar ás 12:00 horas, cando está prevista a reunión, e prolongaranse ata principios do mes de marzo. Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse no xantar do Día da Muller, o 8 de marzo.