
O Concello de Foz reabre este mércores, día 10 de decembro, a piscina municipal despois da substitución do lucernario. Os cursos de natación para nen@s e persoas adultas, así como a actividade de aquagym, tamén se retoman no seu horario habitual.
Anunciouno o alcalde, Fran Cajoto, que ademais explica que “non se cobrarán as cotas dos cursos de natación do mes de decembro, en compensación polos días cobrados en outubro. Ás persoas usuarias que posúan bonos de baño ampliáranselles as datas de caducidade. Aos nenos e nenas abonados/as menores de 16 anos non se lles cobrará a cota de decembro, en compensación polos días cobrados en outubro. Para calquera consulta poden poñerse en contacto co concesionario no teléfono 982.13.28.31”.
As obras de substitución do lucernario, por importe de 85.910 euros, foron financiadas pola área de Deportes de Vicepresidencia da Deputación de Lugo nun 95 por cento e polo Concello de Foz no 5% restante.


