
O Concello de Lourenzá organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Serán os días 3, 8, 9, 13 e 16 de marzo, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
Este martes, 3 de marzo, haberá o obradoiro titulado A mimosa, flor do feminismo, co alumnado do taller de memoria de Lourenzá.
O domingo 8 terá lugar a charla co título Prevención secundaria centrada na muller, a cargo de Alba Blanco Vázquez (médica de Atención Primaria no Centro de Saúde de Lourenzá). Será no salón de actos do Concello ás 17:30 horas e contará con acompañamento musical a cargo do grupo Os dos martes, da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
Ademais desenvolverase o taller titulado Ao son das mulleres, en tres sesións: o luns 9 de marzo na Escola de San Adriano de 19:00 a 20:00 horas; o venres 13 de marzo no Local Social de San Xurxo de 17:00 a 18:00 horas; e o luns 16 de marzo no Multiusos Ponte Cuñas, en Vilanova, de 19:00 a 20:00 horas. Serán impartidos pola musicoterapeuta María Fuente, que explica: “en este taller crearemos un espacio pensado para las mujeres, donde poder expresarse, crear y trabajar el autocuidado, desde la comunicación no verbal, el respeto y la empatía, teniendo como vínculo la música; ayudando a disminuir el estrés y la ansiedad, mejorando nuestra autoestima, gestión emocional y nuestra calidad de vida”.


