O Concello de Ribadeo permite a instalación de televisores nas terrazas da hostalería este domingo, 19 de xullo, para seguir a final do mundial de fútbol

O Concello de Ribadeo permitiralles aos locais hostaleiros a colocación de pantallas de televisión nas súas terrazas para ver a final do Mundial de Fútbol, que terá lugar este domingo, día 19 de xullo, a partir das 21:00 horas.

O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo.

Ademais o Concello de Ribadeo autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.