O Concello de Trabada organiza unha viaxe a Gijón para o 24 de xuño

O Concello de Trabada impulsa unha nova actividade de lecer e convivencia coa organización dunha viaxe á cidade asturiana de Gijón, que terá lugar o día 24 de xuño, martes. A iniciativa está dirixida a veciños e veciñas de Trabada e a usuarias e usuarios do servizo de terapia ocupacional.

O programa da xornada inclúe a visita ao Acuario, ao Museo do Ferrocarril, xantar e o seguro de viaxe. O prezo total é de 50 euros por persoa.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición e facer o pago nas oficinas municipais do Concello de Trabada ata o 13 de xuño. As prazas son limitadas e no caso de quedar vacantes tras ese prazo, poderán acudir persoas con familiares empadroados en Trabada.

O Concello de Trabada destaca que “este tipo de propostas buscan fomentar a participación social, o acceso á cultura e o benestar emocional da veciñanza, promovendo espazos de encontro e dinamización comunitaria”.