Desde o Concello sinalan: “sabemos das gañas que moitas persoas do concello e doutros lugares teñen de disfrazarse nestas datas carnavaleiras; cónstanos que hai moita afección en toda a Mariña a disfrazarse. Pois ben, aínda que sabemos que non é o mesmo que en tempos normais, para toda esta afección o Concello organiza para este ano excepcional un concurso de covidisfraces que quixemos denominar “CovidENTRÓIDATE”.
Os disfraces deberán gardar relación co Covid-19. Dende a organización preténdese abrir un espazo imaxinativo que poda contribuír, a través do humor, a superar estes tempos de incertidume e inquedanzas.
Poderán participar no concurso e ser beneficiarios dos correspondentes premios calquera particular, a título individual ou familias, entendidas neste caso como “unidade de convivencia” (residencia no mesmo domicilio), aos efectos de respectar a normativa COVID, e con independencia da súa residencia ou non no Concello de Xove. Resumindo, o concurso está aberto a toda a xente en xeral, de Xove, da Mariña,….
Desde o Concello engaden: “queremos que a xente se disfrace, iso si, respectando todas as normas Covid. Isto loxicamente limitounos moito, e consideramos establecer 3 categorías participativas, todas facilmente realizables no entorno familiar: individual infantil, individual adultos e familiar.
Cada participante poderá presentar un solo covidisfraz (no caso das categorías individual infantil e individual adulto) ou grupo de covidisfraces (no caso da categoría familiar). Non obstante, un participante individual (infantil ou adulto) poderá estar incluído na categoría familiar, sen poder figurar como representante do grupo nin presentarse co mesmo covidisfraz.
A documentación a presentar será a seguinte:
-Folla de inscrición establecida ao efecto.
-Copia do N.I.F. do concursante ou titor, para o caso de menores de idade.
-Copia do N.I.F. do representante do grupo familiar.
Os participantes, en calquera das modalidades do concurso, xunto coa folla de inscrición deberán presentar un máximo de 3 fotografías do seu/s disfraz/es, podendo presentar 1, 2 ou 3 fotografías, segundo consideren. As fotografías deberán estar en formato JPEG e deberán ter unha calidade aceptable para que o xurado poida valorar axeitadamente os covidisfraces presentados.
A folla de inscrición e o resto da documentación poderá presentarse:
-Presencialmente na oficina do Técnico de Cultura Municipal (5ª planta do Concello) de luns a venres en horario de 7:45 a 15:15 horas.
-Por correo-e á dirección marioeijo@xove.es.
A data límite para presentar as inscricións será as 15.00 horas do día 26 de febreiro.
As Bases e follas de inscrición están disponibles no Departamento de Cultura do Concello e tamén na web do concello: www.xove.es