O Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga para nenos e nenas para o 26 de abril

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove anuncia: “Queres que os teus peques se divirtan e relaxen ao mesmo tempo? Apúntaos ao obradoiro gratuíto de ioga o sábado 26 de abril de 2025 ás 17:00 horas na Casa do Director, de Xove. Unha actividade saudable, divertida e pensada especialmente para nenos e nenas”.

É imprescindible inscrición previa, para a que hai que contactar con Olalla no teléfono 691.235.185.