O Conservatorio de Viveiro ofrece concertos de fin de curso os días 20, 23 e 24 de maio

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dá comezo este martes, día 20 de maio, ao seu ciclo de concertos de fin de curso, que seguirá os días 23 e 24 de maio e prolongarase ata finais de xuño. “Un mes cheo de música, talento e emoción, con actuacións repartidas por distintos espazos da vila”, anuncia o Concello de Viveiro.

Este martes, 20 de maio, haberá concerto da Banda do Conservatorio no salón de actos do propio centro ás 19:45 horas.

O venres 23 de maio o Grupo de Gaitas do Conservatorio ofrecerá unha actuación nas rúas de Viveiro ás 18:30 horas.

E o sábado 24 de maio o Coro de Adultos do Conservatorio actuará na Igrexa das Concepcionistas ás 20:30 horas.