
O espectáculo Peque Disco Moc Moc, de DJ MeRe Clown, chega a Ribadeo este sábado, día 4 de xullo. Será ás 20:00 horas no Campo de San Francisco.
O Concello de Ribadeo anuncia: “este sábado, día 4 de xullo, ás 20:00 horas prepárate para unha festa chea de música, malabares, humor e moita diversión para toda a familia da man de DJ MeRe Clown. Bailaremos ao ritmo dos temas que máis gustan ás crianzas: Poliño Pío, Chuchúa, Follow the Leader, Crazy Frog e moitos máis éxitos que farán cantar e saltar a pequenos e maiores. Un espectáculo participativo onde a música, os xogos e as sorpresas se mesturan para crear unha experiencia inesquecible”.


