
O Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco continúa na noitiña do venres, día 12 de setembro, cunha sesión para público adulto. Será no Local Social de Lieiro ás 20:00 horas da man de Paula Carballeira.
O Concello de Cervo anuncia que será “unha noite chea de historias e humor para desfrutar. Con entrada libre ata completar aforo”.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración de Tarabela Creativa e a asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro.