
A Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia ten preparado un festival de baile e música tradicional para este domingo, día 28 de xuño. A actuación terá lugar en Burela, na Praza do Concello, ás 19:30 horas e servirá como broche final ao curso 2025/26.
Participarán tódalas seccións da escola de baile e música de Ledicia, que “amosarán o traballo calado que se realiza ao longo de todo o ano”, explica o colectivo organizador do evento.


