O guía, actor e escritor Suso Martínez presenta o seu libro “El rey de los jíbaros” en Viveiro este domingo, 25 de maio

O guía, actor e escritor Suso Martínez presenta o seu libro titulado El rey de los jíbaros este domingo, día 25 de maio, en Viveiro. O acto, no que o autor estará acompañado pola alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, será ás na Sala Multiusos da Casa do Concello ás 12:00 horas. A continuación Suso Martínez fará un paseo guiado polos lugares de Viveiro, actividade para a que hai que anotarse a través do correo electrónico xesusmartinez@gmail.com

El rey de los jíbaros é unha novela histórica que foi publicada por Eoditorial, que explica: “a historia é un rico tapiz de narracións persoais e históricas, que mestura a vida dos individuos coas forzas sociais e económicas máis amplas da Cuba e a Galicia do século XIX. Destaca as brutais realidades da escravitude, as loitas dos inmigrantes e as ambigüidades morais do poder e da opresión”.