O Mago Antón presenta o 14 de xullo en Viveiro o espectáculo co que celebra os seus 50 anos sobre os escenarios

O Mago Antón presenta o día 14 de xullo, luns, en Viveiro o espectáculo co que celebra os seus 50 anos sobre os escenarios. Será nos Xardíns Noriega Varela en catro funcións: ás 13:00, ás 17:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. En cada unha delas a capacidade é de 70 prazas e a entrada é de balde.

O Concello de Viveiro anuncia que “o Mago Antón celebra no Magomóbil os seus 50 anos sobre os escenarios cun espectáculo que reúne as súas mellores interpretacións e novas ilusións, explorando sempre os límites do imposible”.