
O Concello de Viveiro anuncia que, con motivo da instalación do palco das festas patronais de San Roque na Praza Maior, o mercado semanal cambiará temporalmente a súa localización durante este mes de agosto. Así os mercados correspondentes aos días 6, 11, 20 e 27 de agosto celebraranse nos Xardíns Noriega Varela, mantendo o seu horario habitual.
Ademais, debido á programación das festas patronais, o mercado previsto para o xoves 13 de agosto adiántase ao martes 11 de agosto.
O Concello de Viveiro agradece a comprensión tanto dos vendedores como da veciñanza ante este cambio puntual e anima á cidadanía a seguir apoiando o comercio de proximidade acudindo ao mercado na súa localización provisional.


