O restaurante ribadense El Huerto organiza unha cea baile de cocido para o sábado 7 de febreiro

O restaurante El Huerto, que está na parroquia ribadense de Vilaframil, organiza unha cea baile de cocido para o día 7 de febreiro, sábado, ás 21:30 horas.

O menú inclúe: sopa da avoa, cocido de porco completo, tarta de filloas, café, licor e viño Mencía colleiteiro. Estará amenizada polo grupo musical Nuevo Ritmo e o prezo é de 38 euros por persoa.

Para participar hai que reservar previamente, o que pode facerse no propio restaurante El Huerto ou a través dos teléfonos 982.128.409 ou 626.861.838.

Ademais para os participantes na cea baile ofrecen aloxamento en El Pinar a un prezo especial de 35 euros en habitación dobre.