
O Ribadeo Indiano 2026 renderá homenaxe ás mulleres emigrantes coa iniciativa titulada Elas tamén marchaban. Será cunha ampla programación que inclúe charlas e unha exposición fotográfica, entre outras actividades.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “o Ribadeo Indiano 2026 quere visibilizar á muller ribadense que emigrou, porque elas tamén marcharon”.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, pide a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo para poder construír esta mostra fotográfica: “animamos á xente a que se pase pola biblioteca municipal, preferentemente pola mañá, a levar fotos das mulleres da súa familia que emigraron e que nos conten un pouco a súa historia para poder montar a exposición. As fotos xa as escaneamos no momento. Todo este proceso temos que telo listo antes do 20 de xuño”. E engadiu: “coa axuda das veciñas e dos veciños de Ribadeo queremos construír esta exposición fotográfica das ribadenses emigrantes para que poidamos disfrutala durante a celebración do Ribadeo Indiano 2026, que terá lugar do 10 ao 12 de xullo”.


