O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Lugo este domingo, 12 de outubro

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Lugo para o día 12 de outubro, Domingo das Mozas. A saída será ás 9:30 da mañá dende a Estación de Autobuses de Viveiro.

A excursión inclúe xantar (con polbo á feira, carne á maragata, bebidas, sobremesa e café), percorrido polo casco histórico de Lugo, variadas exposicións, mostra de artesanía popular e distintas actuacións e eventos nas rúas e no recinto feiral e visita á Rúa dos Viños.

O prezos para os soci@s do Seminario de Estudos Terra de Viveiro é de 45 euros e as persoas que non pertencen ao colectivo terán que pagar 50 euros. Os tickets para participar hai que recollelos en Aquilino MAPFRE.