
O viveirense Antonio Lage-Seara acaba de publicar un libro dixital titulado Celeiro, fogar do mar.
O Concello de Viveiro explica que é “unha homenaxe en forma de libro dixital á profunda relación desta vila co océano, verá a luz o vindeiro 25 de xullo, coincidindo coas festas parroquiais. A obra, que conta co prólogo da alcaldesa Mariña Gueimunde, reúne textos de autoras e autores que afondan na memoria mariñeira de Celeiro: desde a galerna de 1961 ata a historia das conserveiras, os barcos co nome do porto, o papel das mulleres mariñeiras ou a vida na Cofradía. Todo acompañado de debuxos de peixes e imaxes das casas de Celeiro de hai medio século. O proxecto foi coordinado, editado e ilustrado por Antonio Lage-Seara, quen ademais fará unha doazón moi especial: un Santiago de Pedra para Celeiro, como mostra de cariño ao patrón e ao Camiño do Mar. Un proxecto feito con corazón, memoria e mar. Coa colaboración do Concello de Viveiro”.
O libro poderase solicitar por WhatsApp no 650.48.58.60 e tamén estará dispoñible en Amazon Kindle.