
A orquestra Panorama actuará en Ribadeo o 2 de abril de 2026, día de Xoves Santo, no Camiño Norte Fest, evento no que tamén se poderá gozar da música de dos DJs Alejandro Martínez e Litainer.
É un festival organizado pola Comisión de Festas de Ribadeo, que anuncia: “Chegou o Camiño Norte Fest. Gardade a data: xoves 2 de abril. Tedes unha cita obrigatoria coa Comisión para vivir outra noite única coa mellor música e espectáculo. Contaremos coa Orquesta Panorama coa súa nova xira, o noso gran amigo DJ Alejandro Martínez, estreando o seu novo escenario por todo o alto; e como non, co gran DJ Litainer para rematar por todo o alto. Un festival pensado compartir unha noite inesquecible. Pronto anunciaremos puntos de venta e venta anticipada de entradas”.


