
Os Bolechas presentan en Viveiro o domingo, 16 de novembro, o espectáculo titulado A muller orquestra. Será no Teatro Pastor Díaz ás 18:00 horas. Con entrada de balde ata completar aforo.
O Concello de Viveiro anuncia que é “un espectáculo do programa FalaRedes, cheo de música, humor e participación do público, pensado para gozar en familia. Ademais, transmite valores como a igualdade, o traballo en equipo e o uso do galego”.
A reserva de entradas pode facerse de luns a xoves a través do teléfono 982.560.162 de 9:00 a 14:00 horas ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal e tamén na poderán recollerse na taquilla unha hora antes da función.


