
Os días 23 e 24 de outubro, venres e sábado, celebrarase en Foz unha nova edición da Oktober Fest, que organiza AciaFozCCA. Na cita participarán dez locais hostaleiros: A Farola, A Funcional, Augas Santas, Bar 78, Cafetería Leytón, Dandy, Happy Days, Marexada, Namarinos e O Muelle Bar.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa será a protagonista en Foz os días 23 e 24 de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas variedades desde as clásicas ata as artesás e de autor e tamén tapas especiais para celebrar a Oktober Fest e para acompañar ás cervexas”.
Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar a hostalería local e darlle a benvida ao frío, que acaba de chegar, e tamén ao outono”.
A Oktober Fest foi presentada polo presidente de AciaFozCCA e polo escritor, presentador e xornalista José Ribagorda, que estes días visitou o comercio local focense.
A Oktober Fest está organizada por AciaFozCCA, que conta coa colaboración de Comercio Galego, da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.


