A compañía Producións Teatrais A Xanela do maxín presenta o seu espectáculo Toupiciencia o sábado 21 de outubro ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz, dentro do programa Ler Conta Moito.
O Concello de Alfoz explica que “é un espectáculo dirixido a todos os públicos no que a Toupiña e o seu axudante, Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento”.
Ademais ese mesmo día haberá un obradoiro de experimentos na Biblioteca Municipal de Alfoz, de 17:00 a 19:00 horas, para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Para participar hai que anotarse na biblioteca desde o venres 13 de outubro.