Rego da Ponte, en Bravos (Ourol), celebra as festas de San Xoán os días 21 e 22 de xuño

Rego da Ponte, na parroquia de Bravos (Ourol), celebrará as festas na honra a San Xoán esta fin de semana, sábado 21 e domingo 22 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas, cando haberá misa solemne e procesión; e a continuación, sesión vermú amenizada polo dúo Caramelo. Ás 15:00 horas empezará o xantar popular e ás 21:00 horas comezará a cea, nas que para participar hai que reservar previamente e o prazo remata o día 17 de xuño. Seguidamente haberá baile cos dúos Caramelo e Soni2.

E o domingo celebrarase a IV Ruta Cabalar, na que para participar hai que reservar previamente e o prazo remata o 18 de xuño. Tamén haberá verbena e baile de tarde co dúo Zafiro.