Ribadeo celebra a festa de San Roque o venres 16 de agosto

A vila ribadense celebrará a festa do seu patrón, San Roque, o día 16 de agosto, venres.

As actividades comezarán ás 11:00 horas coa saída dos Cocos e cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha. Ás doce do mediodía celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión seguida de concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. A partir das 14:00 horas terá lugar sesión vermú co dúo Venus, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fénix e de rematar a festa encargarase o DJ Litainer.