A romaría de Obispo Santo, en Foz, celébrase os días 4, 9, 10, 11 e 18 de maio

O programa da romaría de Obispo Santo, no concello de Foz, inclúe actividades os días 4, 9, 10, 11 e 18 de maio.

Este domingo, día 4 de maio, ás 17:00 horas haberá misa e traslado da imaxe de San Gonzalo da basílica de San Martiño ao monte da Grela, onde terá lugar o primeiro pregón da historia da romaría a cargo de María José Gómez Rodríguez (conselleira do Medio Rural)

O venres 9 de maio será a primeira verbena, amenizada polo grupo Mar de Arousa e a orquestra El Combo Dominicano.

Para o sábado 10 de maio están programadas as seguintes actividades: ás 13:30 horas, misa e procesión seguida de sesión vermú coa orquestra Principal; ás 16:00 horas, actuación do grupo de gaitas Dambara; ás 17:00 horas, espectáculo do Mago Paco; ás 18:00 horas actuarán dous DJ; e a verbena estará amenizada pola orquestra Principal e o grupo Beatriz.

O domingo 11 de maio haberá sesión vermú co dúo Belinda e a charanga Louband Street Band.

E o seguinte domingo, 18 de maio, ás 16:30 horas farase o traslado da imaxe de San Gonzalo do monte da Grela á basílica de San Martiño, onde haberá misa ás 18:00 horas.