
A ruleta da campaña da Volta ao cole de ACIA Burela volve saír á rúa este venres, día 18 de setembro. Estará de 17:30 a 19:30 horas fronte a Mercería Paca e Nora Moda.
ACIA Burela anuncia: “a nosa ruleta volve a saír á rúa! Non te perdas esta oportunidade de gañar premios directo comprando no comercio local. Fronte a Mercería Paca e Nora Moda este venres, 18 de setembro, de 17:30 a 19:30 horas. Lembra traer o teu ticket de compra de 15 euros ou máis de calquera establecemento asociado a ACIA Burela para poder participar. Cada ticket é una oportunidade! Podes gañar vales de desconto, cadernos, bolígrafos, mochilas, regalos sorpresa... ¡Todas as casillas teñen premio! Vémonos o venres para pasar unha tarde divertida e chea de sorpresas”.


