
O pavillón da Veiga, en San Ciprián, acollerá o oitavo torneo de voleibol Concello de Cervo este sábado, día 7 de xuño, a partir das 16:00 horas. Enfrontaranse os equipos infantís e xuvenís dos clubs CD San Ciprián e Xabaríns Volei, de Lugo.
O Concello de Cervo anuncia que é “unha actividade que porá tamén punto e final a un curso excepcional das Escolas Deportivas Municipais, que tamén contaron con esta disciplina”. E anima “a toda á veciñanza a achegarse durante esta xornada ao Pavillón da Veiga a desfrutar dunha gran xornada de voleibol”.