Sante (Trabada) celebrará este sábado, 10 de xaneiro, a festa do seu patrón, San Xulián

A parroquia de Sante, no municipio de Trabada, celebrará este sábado, día 10 de xaneiro, a festa na honra do seu patrón, San Xulián.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo dúo Colimbo e desde as 15:00 horas terá lugar un cocido popular no que para participar hai que anotarse previamente e o prazo remata este martes, 6 de xaneiro. Despois haberá baile. Será no polideportivo de Sante, onde se disporá de calefacción.