Teatro Noroeste representa “Guerra” este sábado, 11 de outubro, en Viveiro

A compañía Teatro Noroeste representará a obra titulada Guerra en Viveiro este sábado, día 11 de outubro. Será en el Teatro Pastor Díaz a las 20:30 horas.

Esta obra, que é un drama para público adulto, ten unha duración de 100 minutos.

O autor e director e Eduardo Alonso e o elenco artístico está formado por Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estéve.

A sinopse é a seguinte: “a guerra é a expresión cruel do fracaso total, por iso nunca é unha solución senón o máis grande dos erros. Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa comezan a aparecer os personaxes do Teatro Universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeu, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución”.

As entradas están á venda de luns a xoves no teléfono 982.56.01.62 de 9 a 14 horas ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función.