Trabada celebra a súa quinta Festa da Enfariñada este domingo, 5 de maio

A Festa da Enfariñada cumpre a súa quinta edición este domingo, 5 de maio, con diferentes actividades e un mercado de produtos locais que comezarán ás 12:00 horas na praza do Concello. Haberá tamén actuacións do Cuarteto Tradicional Xaramolos, de Rebeldía e de Breo.

O alcalde, Rubén García, explica que este evento é “unha homenaxe a un prato típico de Trabada como é a enfariñada, con veciños e veciñas que a cociñarán, degustacións, música tradicional e un mercado de produtos de proximidade”.