
O Concello de Trabada organiza unha nova edición dos Cantos de Taberna, unha proposta cultural que terá lugar o venres 10 de abril a partir das 20:30 horas e que levará a música tradicional a diferentes establecementos hostaleiros do municipio.
Nesta ocasión participarán os seguintes locais e agrupacións: A Taberna da Curuxeira, con A Chocolateira; Mesón Camiño Norte, con Mon&Cía; e Bar O Porfirio, con No Cómbaro
“Esta iniciativa combina música, tradición e convivencia, ofrecendo unha experiencia única tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes”, explica o Concello de Trabada, que ademais destaca “a importancia deste tipo de actividades, que non só contribúen a manter viva a cultura popular senón que tamén axudan a dinamizar a economía local, apoiando ao sector hostaleiro e fomentando a participación social. O goberno municipal continúa así apostando por unha programación cultural variada ao longo do ano, que reforza a identidade do concello e promove espazos de encontro arredor da música e da tradición”.


