
Vilela, no municipio de Ribadeo, celebrará o sábado 7 de febreiro a cuarta edición das Xornadas Gastronómicas do Cocido Galego.
As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Puma. A continuación terá lugar a comida do cocido e despois actuarán os dúos De Festa e Puma.
A venda de entradas para participar está aberta ata o 30 de xaneiro. As prazas son limitadas e haberá carpa climatizada.


