Viveiro acollerá un concerto de tres corais este sábado, 18 de abril

Este sábado, día 18 de abril, a Igrexa de San Francisco, de Viveiro acollerá “unha cita musical imprescindible coa participación de tres agrupacións corais. Unha tarde para gozar do talento e da polifonía en directo a partir das 20:30 horas”, anuncia o Concello de Viveiro. Actuarán a Coral do Centro Social Sagrada Familia (A Coruña), a Coral Polifónica de Piloño (Vila de Cruces) e o Coro de Adultos do Conservatorio de Viveiro.

É un evento organizado pola Asociación de Adultos Melomanía e o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, coa colaboración do Concello.