Xudán, na Pontenova, celebra este sábado, 3 de maio, a festa “Hijas de María”

A parroquia de Xudán, no concello da Pontenova, celebrará a festa Hijas de María este sábado, día 3 de maio.

As actividades comezarán ás 13:00 con misa solemne e despois procesión, sesión vermú e comida. Actuará Tania Cabarcos, do grupo Fénix, e tamén haberá xogos e exhibición de zumba.