A XVIII Festa do Ovo Frito en Cervo será este xoves, 14 de agosto

Cervo será o escenario da XVIII Festa do Ovo Frito este xoves, día 14 de agosto. A cita está organizada por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello, e foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; a concelleira Mali Méndez, o edil Adrián Arias e unha representación destas dúas asociacións que se encargarán da “tradicional cita do verán cervense que cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan ata as inmediacións da Praza do Souto para degustar este manxar”, anuncia o Concello de Cervo.

Desde a organización precisan que se comezarán a servir as racións de ovos, patacas, chourizo, pan e bebida a partir das 20:00 horas, a un prezo de 7 euros.

A cita estará amenizara pola charanga Santa Compaña e pola Disco Móbil Conxuro e teñen previstos 8.000 ovos e 4.000 chourizos, que se prepararán “en vivo e en directo”.

O Concello anima a veciños e visitantes a gozar desta festa “tan popular do verán de Cervo e da contorna”.