O alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, presentaron este mediodía a Festa de Nadal que se celebrará o vindeiro sábado, 20 de decembro, no pavillón de San Cosme, organizada polo Concello.
@s máis pequen@s da casa poderán disfrutar desta festa de animación de 15:30 a 19:30 horas. Haberá inchables e obradoiros de postais de Nadal e de pintacaras. Papá Noel ofrecerá unha recepción aos asistentes e coma remate de festa os participantes serán agasallados cunha chocolatada.
Fuente Parga e Gómez Puente animan “a todos os nenos e as nenas de Barreiros a acudir este sábado ao pavillón de San Cosme para celebrar todos xuntos o inicio das festas de Nadal e das vacacións escolares”.