Xurado

Etiquetas:
23/05/2022

Xa se coñecen os gañadores do XV Ribadeo de Tapeo, que concluíu na xornada de onte. O primeiro premio do xurado foi para o Chámalle Estopa, o segundo para o Bar Queimada e o terceiro para El Oviedo. O premio para a tapa de Ribadeo foi para O Alén. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “onte rematou a XV edición do Ribadeo de Tapeo, o concurso gastronómico pioneiro en Galicia e, precisamente, na última xornada estivemos acompañados polo xurado profesional que despois de probar as tapas participantes decidiron outorgar os premios segundo o seu criterio profesional aos seguintes establecementos: o terceiro premio foi para a tapa de El Oviedo, o segundo premio para a do Bar Queimada e o primeiro premio foi para a do Chámalle Estopa por buscar a esencia da nosa raíz. O xurado profesional, que estivo a percorrer os...

leer más
Etiquetas:
21/05/2018

O xurado profesional composto por Yayo Daporta, Gonzalo Pañeda, Marcos Santamaría e Nicolás Asensio fallou que a tapa gañadora do XIII Ribadeo de Tapeo fose a de AG Porcillán, o 2º premio foi para Texturas Galegas e o 3º para El Oviedo. O premio Tapa de Ribadeo foi para Parador de Turismo e recibiu unha mención especial o restaurante Marinero. O xurado asegurou que a decisión foi difícil e que o concurso estivo moi reñido. Pola súa banda, a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez, subliñou que arredor dr 45.000 tapas foron vendidas nos 44 locais participantes desde o 11 ao 20 de maio. 

Dos 21 inscritos para participar nesta sección oficial do concurso finalmente os que presentaron as súas tapas a concurso foron 15: La Villa, Texturas Galegas, A Tapería, La Solana, O Piano, Parador de Ribadeo, El Oviedo, A Mirandilla, Marinero, Bar...

leer más