EOI
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo continúa a levar a súa actividade pedagóxica e artística máis alá das aulas. Nesta ocasión a Big Band da EMMeD será a encargada de poñer a nota musical á Festa de Fin de Curso da Escola Oficial de Idiomas (EOI) ribadense, que terá lugar este mércores, día 3 de xuño.
A actuación, que dará comezo ás 19:00 horas nos xardíns da EOI, servirá para que o alumnado da formación amose o traballo desenvolvido durante os últimos meses. “Cun repertorio dinámico e pensado para todos os públicos, a Big Band buscará crear un ambiente festivo e de convivencia entre ambas institucións educativas nun marco inmellorable ao aire libre”, anuncia a EMMeD, que ademais salienta “a importancia destas colaboracións, que permiten aos alumnos e alumnas de música enfrontarse ao público en diferentes contextos e...
leer másA escritora Abril Camino falará en Viveiro da súa obra tituladas Mulleres que viven xuntas este mércores, día 11 de marzo, ás 18:00 horas na biblioteca da Escola Oficial de Idiomas (EOI).
“A EOI de Viveiro convídavos a un encontro moi especial coa escritora Abril Camino, gañadora do Premio Xerais de Novela 2025, para falar da súa obra Mulleres que viven xuntas. Unha conversa arredor da literatura, das relacións e das historias que nos unen”, anuncia o Concello de Viveiro.
Despois das dúas convocatorias previas deste curso, no primeiro e segundo trimestre, o martes 6 de maio ás cinco da tarde terá lugar unha nova xuntanza do club de lectura en lingua galega da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ribadeo. Nela volverá falarse sobre a primeira obra da escritora Lucía Ferro, Resaibo amargo.
A organización desta actividade anuncia que “a xuntanza, na que se tratará de que estea presente a autora, terá lugar na biblioteca nos baixos do edificio da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo. A lembrar, como en ocasións anteriores, que o club está aberto non só á xente relacionada coa EOI, senón tamén a calquera persoa interesada no libro ou na autora. Como na ocasión anterior, tamén participará xente voluntaria do programa de voluntariado da EOI, que se está a desenvolver por segundo curso”.
Despois de ter unha primeira convocatoria este curso, o pasado trimestre, o martes 18 de marzo ás cinco da tarde terá lugar unha nova xuntanza do club de lectura en lingua galega da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ribadeo. Será para falar sobre o libro Resaibo amargo, o primeiro dos publicados da escritora Lucía Ferro. A xuntanza terá lugar na biblioteca do centro.
O club está aberto non só á xente relacionada coa EOI senón tamén a calquera persoa interesada. Nesta nova edición, ademais, participará xente voluntaria do programa de voluntariado da EOI, que se está a desenvolver por segundo ano.
Ademais de nas librarías, esta publicación está dispoñible tanto na EOI como nas bibliotecas públicas da contorna.
O cartel realizado para a ocasión conta cun código QR para aproximarse...
leer más






