Letras no Campo

20/05/2026

En Ribadeo o Campo de San Francisco acollerá os días 22, 23 e 24 de maio unha nova edición de Letras no Campo, a feira ribadense do libro, organizada polo Concello, “cun amplo programa de actividades culturais arredor da literatura galega, a promoción da lectura e o encontro entre creadoras, creadores e público”.

A XII edición de Letras no Campo “converterá Ribadeo nun gran espazo aberto á palabra, aos libros e á cultura galega durante tres xornadas cunha programación diversa pensada para todos os públicos. A cita reafirma o compromiso do Concello coa dinamización cultural da vila, o apoio ao sector do libro e o fomento da lectura”.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “ao longo da feira desenvolveranse presentacións literarias, encontros con autoras e autores, obradoiros infantís, actividades...

leer más
22/05/2025

A décimo primeira edición da feira ribadense do libro Letras no Campo terá lugar desde este venres, día 23 de maio, ata o domingo 25 de cun amplo programa de actividades. O horario de visita ás sete casetas instaladas no Campo de San Francisco será de 11:30 a 13:30 horas e de 17 a 20:30 horas.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “a undécima edición da feira ribadense do libro Letras no Campo celébrase esta fin de semana con varias liñas temáticas. A primeira, as homenaxeadas este ano no 17 de maio: as cantareiras, protagonistas dun concerto didáctico celebrado o martes, dun obradoiro de reciclaxe e da actuación de Xeitosiñas este venres e da presentación colectiva do libro Somos Cantareiras por Mercedes Peón e Ana Romaní, entre outras, o domingo ás 12:00 horas”.

A edil ribadense contou que “a segunda temática é o galego de Asturias. Coa lectura...

leer más