Praias de Barreiros CD
11/06/2025
O Club Deportivo Praias de Barreiros celebrará unha cea baile este sábado, día 14 de xuño, ás 21:30 horas no restaurante A Ribeira (Barreiros).
“Se queres desfrutar desa noite fantástica na que se xunta toda a familia verde podes mercar a túa entrada no propio restaurante A Ribeira, a través de calquera membro da directiva ou a través de calquera das nosas canles e redes sociais. Date présa, pois o aforo é limitado e non queremos que te perdas esta gran cita. Para amenizar a velada contaremos coa presenza do DJ The Sound Project , que de seguro que nos fará baixar ben a comida con uns bailes. O prezo da entrada son 30€ para os adultos e 15€ para os menores de 10 anos”, anuncia o Praias de Barreiros CD.